A ortografía é algo
necesario para entendernos. Esta palabra
provén so latín, e ao mesmo tempo, do grego orthos (correcto) e graphia
(escritura). Se a ortografía non existise sería imposible para os estranxeiros
aprender unha lingua porque non seguirían unha mesma regra, é dicir, cadaquén escribiría
como quixese. Por exemplo, se a ortografía non existise un profesor de idiomas
poderíalle dicir ao seu alumno que unha palabra é con “v”, pero a día seguinte
podería chegar outro e dicirlle que é con “b”. o alumno non sabería como
escribir a palabra, polo que lle seria imposible aprender ben esa lingua.
Grazas a ortografía todos seguimos unha mesma norma, polo que nos entendemos
perfectamente. As normas ortográficas témolas en moitos sitios, dende nas
estradas (nos paneis de información de tráfico) ata nas redes sociais cando
comentamos as fotos dos amigos ou lle enviamos unha mensaxe. Se aquí non
existise a ortografía a persoa que recibe a mensaxe seríalle difícil entendela,
porque o que a envía escribiría distinto do que a recibe.
Por iso eu penso que
a ortografía é importante, para que todos poidamos entendernos escribindo da
mesma maneira e para que todos poidan aprender unha lingua estranxeira sen
complicacións.
Adrián Rico Castro
Moi ben, Adrián!
ResponderEliminarProcura corrixir os textos para que non se che escapen erros tipográficos, como me pasa a min...
Noraboa polo blogue!
Todo o que aquí fagas será considerado TRABALLO DE AULA.