miércoles, 15 de febrero de 2012

A importancia da ortografia


A ortografía é algo necesario  para entendernos. Esta palabra provén so latín, e ao mesmo tempo, do grego orthos (correcto) e graphia (escritura). Se a ortografía non existise sería imposible para os estranxeiros aprender unha lingua porque non seguirían unha mesma regra, é dicir, cadaquén escribiría como quixese. Por exemplo, se a ortografía non existise un profesor de idiomas poderíalle dicir ao seu alumno que unha palabra é con “v”, pero a día seguinte podería chegar outro e dicirlle que é con “b”. o alumno non sabería como escribir a palabra, polo que lle seria imposible aprender ben esa lingua. Grazas a ortografía todos seguimos unha mesma norma, polo que nos entendemos perfectamente. As normas ortográficas témolas en moitos sitios, dende nas estradas (nos paneis de información de tráfico) ata nas redes sociais cando comentamos as fotos dos amigos ou lle enviamos unha mensaxe. Se aquí non existise a ortografía a persoa que recibe a mensaxe seríalle difícil entendela, porque o que a envía escribiría distinto do que a recibe.
Por iso eu penso que a ortografía é importante, para que todos poidamos entendernos escribindo da mesma maneira e para que todos poidan aprender unha lingua estranxeira sen complicacións.

Adrián Rico Castro